Un pequeno incendio atrasa a saída dun tren da Coruña a Vigo

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña entre A Coruña e Vigo obrigou a atrasar a saída do servizo desde a estación da cidade herculina durante 40 minutos. O tren tiña prevista a súa saída ás 9 horas desta sexta feira da estación da Coruña con destino a Vigo, mais a declaración dun pequeno incendio obrigou a desaloxar o tren e estabelecer medios alternativos, segundo trasladaron fontes de Renfe. O incidente atrasou a saída do servizo, que, finalmente, puido partir da Coruña ás 9.40 horas.

Pasaxeiros e pasaxeiras na estación de tren da Coruña (Foto: Manel Méndez).
photo_camera Pasaxeiros e pasaxeiras na estación de tren da Coruña (Foto: Manel Méndez).
Comentarios