Máis de 20 persoas migrantes falecen nun naufraxio cando intentaban alcanzar Canarias

No mínimo 24 persoas perderon a vida fronte ás costas de Senegal, nas proximidades da fronteira con Mauritania, informaron hoxe medios internacionais, tras afundirse unha embarcación con 280 persoas cando trataban de chegar a Canarias. Case 1.000 persoas migrantes faleceron nos primeiros seis meses de 2023 nesta ruta marítima, indicou o grupo en defensa dos dereitos das migrantes Walking Borders.

Grupo de migrantes rescatados por Marrocos a cuarta feira. (Foto: Forzas Armadas de Marrocos)
photo_camera Grupo de migrantes rescatados por Marrocos a cuarta feira. (Foto: Forzas Armadas de Marrocos)
Comentarios