Investigan un condutor accidentado en Monforte que triplicaba a taxa máxima de alcol

A Garda Civil investiga un veciño de Castro Caldelas (comarca de terras de Caldelas) que deu positivo en alcol, con máis do dobre da taxa máxima permitida, despois que o vehículo que conducía sufrise un accidente á saída da estrada en Monforte de Lemos (comarca de Lemos). A Comandancia da Garda Civil de Lugo deu a coñecer o feito que ocorreu á altura do quilómetro 11,570 da estrada LU-903.

O vehículo accidentado en Monforte (Foto: Garda Civil).
photo_camera O vehículo accidentado en Monforte (Foto: Garda Civil).
Comentarios