A Gala aRi[t]mar recala o sábado na Cámara Municipal de Braga

Este sábado, 20 de abril, o auditorio Espaço Vita de Braga vivirá unha reedición da gala aRi[t]mar 2023. A gala servirá de feche ao Congreso Internacional de Estudos Galegos, que reunirá nesta cidade portuguesa estudosos e estudosas de todo o mundo. A organización destacou a importancia da colaboración entre as entidades pertencentes á Rede da Galilusofonía na realización desta gala, así como a natureza expansiva da iniciativa aRi[t]mar, que naceu como un proxecto "intramuros" da Escola Oficial de Idiomas de Compostela, gañando popularidade até chegar a todo o territorio galego e a Portugal. 
 
Pazos-Justo, Pena, Ferreira, Constenla e Torres, esta segunda feira. (Foto: aRi[t]mar)
photo_camera Pazos-Justo, Pena, Ferreira, Constenla e Torres, esta segunda feira. (Foto: aRi[t]mar)
Comentarios