Falece atropelado un traballador que dirixía o tráfico nunha obra na Laracha

Un home de 64 anos faleceu esta mañá no Concello da Laracha, comarca de Bergantiños, tras ser atropelado mentres traballaba dirixindo o tráfico nunhas obras. Segundo a información dos servizos de emerxencias, a alerta recibiuse pouco despois das 8:30 horas, informando dun atropelo ocorrido á altura do quilómetro 24 da AC-552. Testemuñas presenciais apuntan a que o home traballaba desviando o tráfico dunhas obras que se estaban realizando  cando foi atropelado opor un vehículo. Até a zona mobilizáronse dúas ambulancias do 061, así como persoal sanitario do Centro de Saúde da Laracha, aínda que só puideron cerficiar a morte do home.
Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza (Foto: Xunta).
photo_camera Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Comentarios