A patronal eólica advirte que a electrificación da economía "non vai ao ritmo" dos obxectivos 'verdes'

O presidente da Asociación Empresarial Eólica, Juan Diego Díaz, advertiu esta quinta feira que a electrificación da economía "non está a avanzar ao ritmo necesario" para que poida acompañar aos obxectivos de renovábeis que marca o novo PNIEC a 2030. No seu discurso na inauguración do Congreso Eólico Anual, puxo sobre a mesa este "risco" e asegurou que o desenvolvemento das renovábeis debe ser "obrigatoriamente soportado por unha demanda eléctrica acorde, en dimensión e prazos". O borrador de actualización do PNIEC do Goberno español aspira a alcanzar os 62 xigawatts (XW) de eólica instalados nunha década, con 3 XW correspondentes a offshore e 76 XW de fotovoltaica, incluíndo 19 XW de autoconsumo.
O presidente da Asociación Empresarial Eólica (AEE), Juan Diego Díaz, intervén en WindEurope Annual Event 2022. (Foto: H. Bilbao / Europa Press)
photo_camera O presidente da Asociación Empresarial Eólica (AEE), Juan Diego Díaz, intervén en WindEurope Annual Event 2022. (Foto: H. Bilbao / Europa Press)
Comentarios