Desactivado o plan de inundacións que estaba en vigor desde había case dúas semanas

A Xunta da Galiza desactivou esta segunda feira o Plan Especial ante o Risco de Inundación en Galicia (Inungal), que permanecía en vigor desde o 7 de febreiro, hai case dúas semanas. Así o informou o 112 "tras analizar os valores proporcionados" polos organismos que xestionan as concas hidrográficas e "tendo en conta a previsión meteorolóxica e a estabilidade dos caudais para os próximos días".

O Goberno galego activara o plan Inungal o día 7, en pleno azoute da borrasca Karlotta, polo posíbel desbordamento do río Verdugo ao seu paso por de Ponte Caldelas (comarca de Pontevedra).

Crecida do río Verdugo ao seu paso polo concello de Ponte Caldelas. (Foto: Europa Press)
photo_camera Crecida do río Verdugo ao seu paso polo concello de Ponte Caldelas. (Foto: Europa Press)
Comentarios