As deputadas electas do PSdeG participan na súa primeira xuntanza na Cámara

Deputadas e deputados electos do PSdeG, liderados polo candidato á Presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, participaron esta segunda feira na súa primeira xuntanza interna na Cámara galega tras as eleccións galegas do 18 de febreiro. A nova representación socialista no Parlamento galego –o propio Besteiro, Carmen Rodríguez, Paloma Castro, Patricia Igrexas, Julio Abalde, Silvia Longueira, Elena Espinosa e Carlos López, ademais de Lara Méndez que non asistiu por motivos de saúde– mantivo un encontro no que varios deputados saíntes e o que foi portavoz parlamentario, Luís Álvarez, informaron sobre distintos asuntos relativos ao seu traballo no Pazo do Hórreo. No novo grupo parlamentario socialista só repiten Rodríguez e Castro.
Castro, Rodríguez, Igrexas, Besteiro, Abalde, Espinosa, López e Longueira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Castro, Rodríguez, Igrexas, Besteiro, Abalde, Espinosa, López e Longueira. (Foto: Nós Diario)
Comentarios