Compostela: "fronte común" do BNG, CA e PSdeG para pedir á Xunta que asuma o custo do aparcadoiro do CHUS

Os grupos municipais do BNG, Compostela Aberta e PSOE no Concello de Santiago levarán ao pleno ordinario deste mes unha moción conxunta para pedir á Xunta da Galiza que "asuma as súas competencias" e asuma o custo dun novo aparcamento para o Hospital Clínico Universitario (CHUS). María Rozas (CA), Miriam Louzao (BNG)  e Gonzalo Muíños (PSdeG) compareceron xuntos para presentar esta iniciativa coa que buscan facer unha "fronte común" para que a Administración galega "mellore a mobilidade" e o aparcamento no CHUS, un problema "xa existente desde hai 24 anos" que se agravará coa construción do Centro de Protonterapia. Miriam Louzao, instou o Goberno galego non só a habilitar máis aparcamento, se non a poñer solucións á mobilidade da área con transporte colectivo para os traballadores.

EuropaPress_5594441_bng_ca_psoe_presentan_mocion_conjunta_pedir_xunta_financie_parking_clinico
photo_camera María Rozas (CA, MIriam Louzao (BNG) e Gonzalo Muíños (PSdeG) (Foto: Europa Press)
Comentarios