![Nós Diario](/media/nosdiario/images/2023/01/10/2023011017211925549.png)
Redacción
12/dec./23 - 13:12
Actualizado: 12/dec./23 - 13:12
O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria municipal do transporte urbano de Vigo, denunciou o "deixamento" do alcalde, Abel Caballero, durante o conflito, "a pesar de ser o máximo responsábel deste servizo público esencial". Nun comunicado, a representación dos traballadores criticou que o rexedor non sexa capaz de pór solución á situación "e nin sequera pode dar unha explicación coherente". "Gobernar unha cidade como Vigo non é unicamente ocuparse das festas, senón garantir primeiro os servizos esenciais", reivindicou o comité, lamentando tamén a actitude de Vitrasa que, a pesar de contar cun próximo reequilibrio económico por parte do Concello (ao que hai que sumar compensacións anteriores), "di que segue en perdas".