O Cangas sofre pero avanza na Copa do Rei

O Cangas Frigoríficos do Morrazo avanza de rolda na Copa do Rei de Balonmán e xa está na terceira fase do torneo do KO após eliminar o EÓN Horneo Alacante por 34 a 36 esta terza feira.  A pesar da diferenza de categoría -o conxunto mediterráneo milita na segunda- a formación local levou á galega até o límite das súas forzas, e iso que no intermedio do partido nada apuntaba a iso, xa que o Cangas gañaba por un contundente 12 a 18. Non obstante, Alacante, quinto clasificado da División de Honra, exhibiu unha cara completamente diferente na reanudación, conseguindo empatar a 29 ao final do tempo regulamentario e contando incluso cunha gran ocasión para gañar. Logo, no engadido, continuaron as táboas, esta vez a 32, e non foi senón na lotería dos penaltis cando a sorte caeu do lado dos do Morrazo.
A escuadra galega superou o EÓN Horneo Alacante por 34 a 36. (Foto: Balonmán Cangas).
photo_camera A escuadra galega superou o EÓN Horneo Alacante por 34 a 36. (Foto: Balonmán Cangas).
Comentarios