O Campionato da Galiza de Marcha será na Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal foi a sede escollida para acoller o O XVI Campionato Xunta da Galiza de Marcha en Pista de Inverno, a onde chegará o vindeiro domingo, 26 de novembro, a partir das 10.30 horas da mañá. Organizada pola Federación Galega de Atletismo (FGA), en colaboración coa Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e o Concello da Pobra do Caramiñal, o concelleiro de Deportes local, Eloy Sobrado, explicou nun acto de presentación que tivo lugar onte que os competidores e competidoras serán da partida nas categorías Sub-10, Sub-12, Sub-14, Sub-16, Sub-18, Sub-20, Sub-23, absoluta e Máster tanto na modalidade masculina como na feminina, e que os distintos horarios de saída arrancarán ás 10.30 horas coa Sub-10 e rematarán ás 13.10 coas categorías superiores á Sub-18.
En 2020 o título foi para a hoxe internacional Antía Chamosa.  (Foto: FGA).
photo_camera En 2020 o título foi para a hoxe internacional Antía Chamosa. (Foto: FGA).
Comentarios