Burela presenta oficialmente a Women's European Champions

O vicepresidente da Deputación de Lugo (Efrén Castro) e o deputado de Rural, Mar e Mocidade (Daniel García), xunto con outras autoridades políticas e deportivas, participaron onte na presentación da Futsal Women’s European Champions, competición que se xogará do 18 ao 22 de decembro no Pavillón de Vista Alegre de Burela. Alí, o conxunto anfitrión, o Pescados Rubén, colisionará coas campioas de Portugal (Benfica), Italia (Bitonto C5) e os Países Baixos (FC Marlène). Durante o acto, Castro fixo un chamamento a todas as persoas afeccionadas ao fútbol sala a "achegarse a Burela", insistindo ademais na "necesidade" de que a UEFA engada a proba ao calendario oficial.
 
Efrén Castro (terceiro pola esquerda), onte na presentación. (Foto: Vicepresidencia - Deputación de Lugo).
photo_camera Efrén Castro (terceiro pola esquerda), onte na presentación. (Foto: Vicepresidencia - Deputación de Lugo).
Comentarios