Brais Martínez frea a euforia arredor do Rácing de Ferrol

O defensa Brais Martínez, que a pasada fin de semana regresou no partido ante o Burgos logo de case dous meses de ausencia por lesión, protagonizou onte unha intervención ante os medios de comunicación na que tratou de arrefriar a euforia desatada arredor do Rácing de Ferrol, o conxunto revelación da categoría de prata do fútbol estatal. "Durante as segundas voltas todo está moito máis apertado, é moi difícil gañar en calquera campo", salientou o de  Vigo, quen, non obstante, incidiu en que sempre sairán "a gañar", pese a que os rivais "cada vez coñecen mellor" a forma de xogar dunha escuadra dirixida por Cristóbal Parralo que foi a gran revelación do primeiro tramo de campionato. 
O lateral regresou a fin de semana dun período de inactividade. (Foto: Rácing de Ferrol).
photo_camera O lateral regresou a fin de semana dun período de inactividade. (Foto: Rácing de Ferrol).
Comentarios