Redacción
04/dec./23 - 12:50
Actualizado: 04/dec./23 - 12:53
BNG reclama no Congreso a inclusión da Galiza no mapa de autoestradas ferroviarias
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou unha iniciativa parlamentar para reclamaria ao Ministerio de Transportes a inclusión da Galiza, así como o conxunto do noroeste da Península no mapa das futuras autoestradas ferroviarias. Critica Néstor Rego a ausencia do territorio galego nas previsións de investimento necesarias para a adaptación das vías ferroviarias que permita convertelas en autoestradas ferroviarias e permitir así un transporte intermodal de vital importancia para o transporte de mercadorías sustentábel dado “o déficit que temos no transporte ferroviario”. Censura Rego, aliás, as “escusas de mal pagador de Adif quen alega a falta de propostas por parte de operadores loxísticos ou axentes empresariais. Consideramos que no eido de mellora e adaptación das infraestruturas esenciais é responsabilidade do Ministerio incentivar, promover e deseñar a iniciativa propia una mapa de autoestradas ferroviarias que integre todos os territorios”.