Os arroaces boto volven deixarse ver fronte ás Illas Cíes

Mar de Ons, unha das navieiras que realiza transporte de pasaxeiros nas rías galegas, informou esta cuarta feira dun novo avistamento de arroaces na contorna das Illas Cíes (Vigo), tras o rexistrado a finais do pasado xullo. A tripulación de Mar de Ons informou desta volta de que albiscara un pequeno grupo de baleas Globicephala, en concreto na tarde desta terza feira, 8 de agosto, en augas da praia de Rodas. Porén, posteriormente desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) matizaron que se trataba realmente de arroaces boto (Grampus griseus).
Avistamento de baleas fronte á praia de Rodas, nas Cíes.
photo_camera Avistamento de baleas fronte á praia de Rodas, nas Cíes.
Comentarios