A Asemblea Xeral da ONU aproba unha resolución contra a glorificación do nazismo que foi rexeitada por Washington

Como cada ano desde 2005, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) aprobou na madrugada de hoxe unha resolución rusa que defende a loita contra o nazismo, o neonazismo, a discriminación racial e a xenofobia, recomendando medidas para combatelos e evitar o revisionismo sobre a Segunda Guerra Mundial. 118 Estados votaron a favor, mentres que 49 se opuxeron (entre eles os Estados Unidos) e 14 se abstiveron.

Sesión da terza feira na Asemblea Xeral da ONU, en Nova York. (Foto: Eskinder Debebe / UN Photo)
photo_camera Sesión da terza feira na Asemblea Xeral da ONU, en Nova York. (Foto: Eskinder Debebe / UN Photo)
Comentarios