O 061 asistiu 80 persoas en 57 accidentes de tráfico durante a fin de semana na Galiza

Urxencias Sanitarias de Galiza-061 asistiu durante esta fin de semana 80 persoas implicadas en 57 accidentes de tráfico, entre as 15 horas da sexta feira e a medianoite do domingo á segunda, segundo informaron fontes deste servizo. Nese período de tempo a central de coordinación do 061 recibiu 75 chamadas relacionadas con accidentes de tráfico, unhas alertas que xeraron 57 asistencias sanitarias, nas que foron atendidas 80 persoas, 55 % homes e 45 % de mulleres, a maioría entre 25 e 39 anos de idade. Para estas intervencións o 061 mobilizou 64 recursos: as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado interviñeron en 5 accidentes, as ambulancias de soporte vital básico fixérono en 57 accidentes e os equipos de Atención Primaria completaron a asistencia en dous sinistros. Con respecto ás persoas implicadas, 59 feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, mentres que 21 foron atendidos no propio lugar do accidente.

 

EuropaPress_3421433_ambulancia_acude_residencia_ancianos_san_cibrao_donde_originado_brote
photo_camera (Foto: Europa Press)
Comentarios