DEPORTES

Cantos de taberna A de Sabas - 'Camiño de Balaídos'

O grupo de cantos de taberna A de Sabas publicou esta sexta feira nas redes sociais Camiño de Balaídos, unha canción da autoría de Ramón Soto Ignacio para conmemorar o centenario do Real Club Celta, unha efeméride que centrará o foco de atención da cidade olívica o próximo ano e terá o seu punto álxido o 23 de agosto de 1923.

Este tema mestura as voces con instrumentos como gaitas, pandeiretas, acordeón, tambor ou bombo e lembra as obras antano compostas por A Roda como, alén do propio himno do clube, a xa mítica Foliada do Celta. A letra, aliás, lembra as grandes lendas do celtismo, desde Pahíño até Iago Aspas, pasando por Gudelj, Karpin ou Mostovoi. Eis a canción completa:

(RETROUSO)
Lorolorolo...
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi,
Hugo, Pahíño, Ademir e o gran Manolo,
Salgado, López, Baltazar, xenio Mazinho,
pero máis grande é cando mete un gol Iaguiño.

Mil novecentos vinte e tres
ano que se fundou o Celta,
xuntouse o Vigo e o Fortuna,
ca ialma da nosa afouteza.
Celeste e branco, as nosas cores,
as mesmas da nosa bandeira,
orgullo e o que sentimos
se fan soar a Rianxeira (x3)
celeste e branco as nosas cores,
as mesmas da nosa bandeira.

(RETROUSO)
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi... [...]
Lorolorolo... [...]

Balaídos noso templo
casa de todo celtista,
onde ris, cantas e choras,
e todo polo Celtiña.
Marcador é o que anima
en Río agora hai festa,
en Gol vas, nunca te mollas;
tribuna é a que protesta (x3)
Marcador é o que anima,
en Río agora hai festa.

(RETROUSO)
Toto Berizzo, Vlado Gudelj, Karpin, Mostovoi... [...] (x2)
Lorolorolo... [...] (x2)

O grupo de cantos de taberna A de Sabas está composto por: Abraham Soto (voz), Antonio Pimentel (voz), Begoña del Río (voz), Eduardo Alberto Trapero (voz), Eduardo del Olmo, "Kalo" (voz), Eladio Tizón (voz), Enrique Taboada (voz), Eulogio Cedeira, "Guache" (voz), Fernando Vilariño (tambor), Jacinto Balboa (guitarra e baixo), Jesús Pedrosa (guitarra), Lurdes Comes aaña (voz), Maite Vázquez (voz), Manuel González (guitarra), Miguel Ángel Cedeira (guitarra, bandurría e voz), Nuria Fontela (pandeireta e voz), Ramón Pazos (voz), Raquel Castro (pandeireta e voz), Rubén Troitiño (gaitas e acordeón), Santiago Bernárdez (bombo), Silvano Montes (guitarra e voz), Teresa Barreiro (pandeireta e voz) e Víctor Manuel Otero (guitarra).

Ramón Soto Ignacio é o autor da canción, e o técnico de son é Rubén Troitiño. O tema gravouse o pasado mes de novembro.

Comentarios