VÍDEO | Así soa 'Non sei como', primeiro adianto do novo disco de The Rapants

A banda galega The Rapants vén de anunciar o lanzamento de "Non sei como", o primeiro adianto do seu novo álbum, Rapants Club. O tema chega cunha colaboración destacada: Joe Crepúsculo, artista admirado polo grupo desde os seus inicios e que se estrea cantando en galego neste proxecto.

The Rapants celebran este regreso á publicación de música tras "uns anos tolos", recoñecendo que, aínda que "non saben como chegaron ata aquí", teñen claro que foi grazas ás persoas que forman parte do chamado Rapants Club. "Esta canción é vosa, a primeira de moitas", subliña a banda, reforzando a idea dun proxecto colectivo e festivo que atravesa tanto o son como a estética do novo traballo.

Comentarios