CULTURA

Olla o trailer de 'Camarada Fraga. Memoria dun fascista'

O documental, que será presentado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña nos próximos días, pretende presentar a “cara B” da biografía de Manuel Fraga con motivo do 100 aniversario do seu nacemento, o 23 de novembro de 2022.

Manuel Fraga foi ministro de Franco, desde 1962 a 1969, e ministro do Goberno español de Arias Navarro que se formou tras a morte do caudillo, desde o 12 de decembro de 1975 até o 1 de xullo de 1976. Nunca ostentou un Ministerio do Estado español após a ditadura.

Nese medio ano, como ministro de Gobernación, estivo á fronte dun aparello represivo que foi protagonista de duras cargas en manifestacións, de detencións arbitrarias e sen garantías, de torturas nos cuarteis e comisarías e, incluso, de disparos mortais sobre traballadores, como en Elda, Tarragona, San Adrián de Besós, Basauri ou no asalto policial á igrexa vitoriana de San Francisco de Agarrades, un masacre que deixou cinco mortos e decenas de feridos.

Comentarios