CULTURA
O Consello da Cultura Galega recupera dous textos centrais de Lois Tobío
22/nov./23
Lembranza do Seminario de Estudos Galegos é a nova publicación do Consello da Cultura Galega (CCG) que rescata do fondo de Lois Tobío dous textos que dan conta de acontecementos importantes para a historia do país, como o nacemento do Seminario e as circunstancias da redacción do Estatuto de Galiza polo ano 1931.