Era dos que cría que Setién non seguía, compartía sentimento con moitos outros seguidores do Lugo. Presentíamos que o seu ciclo no Lugo rematara. Porén, no Lugo temos a fortuna de estar nas mellores mans, Carlos Mouriz foi o encargado de confeccionar todos os anos plantillas que deparaban resultados moi por riba do orzamento e do número de afeccioados do Lugo. Con el viñemos desde a terceira división e,por iso, dicirlle a Mouriz o que ten que facer co Lugo é como ensinarlle a un pai a facer fillos,
Ano o ano, fomos medrando e o que vén ten moi boas trazas. Poderase adestrar todo o ano en campo de herba natural, profesionalízase a canteira e a infraestructura do clube vai sendo acorde coa categoría.
Son estes os pequenos grandes pasos cos que o Lugo, despaciño e boa letra, vaise asentando na elite do fútbol.
Ano o ano, fomos medrando e o que vén ten moi boas trazas
Agora volta a tolemia de todos os veráns, onde os afeccioados do Lugo, agardamos ter a fortuna de seguir mellorando a plantilla un ano máis. Non será doado conseguilo pero temos a evidencia de que se conseguiu todos os anos.
Parafraseando a Cabanillas. "teremos mellor equipo que o ano pasado pero aínda non sabemos quenes serán".