Opinión

Os liques piden café con leite

Ás veces síntome coma un fieito subtropical, deses que son vestixio dunha etapa anterior que tivo plenitude nas fragas desta terra, e que hoxe se atopa ameazado e en perigo de extinción.

O galego lémbrame ás Fragas do Eume, un paraíso de biodiversidade único con especies valiosas de flora e fauna, pero confinado a 9126 hectáreas delimitadamente carcelarias.

Ás veces síntome coma un fieito subtropical, deses que son vestixio dunha etapa anterior que tivo plenitude nas fragas desta terra, e que hoxe se atopa ameazado e en perigo de extinción.

"Será certo entón que os liques pedimos café con leite, e que somos de fóra, polo menos dunha galaxia de extraterrestres a millóns de anos luz de distancia".

O galego lémbrame ás Fragas do Eume, un paraíso de biodiversidade único con especies valiosas de flora e fauna, pero confinado a 9126 hectáreas delimitadamente carcelarias.
 
- Tú no eres de Coruña verdad? Preguntábame unha muller gaditana despois de ter coincidido en varias ocasións con ela.

- Llevo ocho años aquí, y siempre que alguien me pide un “café con leite”, sé que esa persona es de fuera, nunca nadie de Coruña me ha hablado en gallego en todo este tiempo.

Será certo entón que os liques pedimos café con leite, e que somos de fóra, polo menos dunha galaxia de extraterrestres a millóns de anos luz de distancia.

Pero volvendo ás Fragas e, a pesares das hipotéticas medidas adoitadas para protexer o bosque atlántico mellor conservado de Europa, éste e as súas especies extintas foron presas das lapas. Houbo xente que se ilusionou pensando que eses fieitos subtropicais non terían opción da máis mínima supervivencia, pero hai resistencias e resistencias, e algunhas, son a proba de lumes.

"A ver si te enteras, el gallego es para casa y para la poesía, que no te dirijas a mi así…"

SUPERVIVENCIA A PROBA DE LUME NO POSTO DE TRABALLO

- Ola, boas tardes

Dirígete a mí en español. Pues menos mal que traéis autores españoles, y después esta hablándome en gallego…

- Desculpen, en que podo axudalas?

Que no te dirijas a mi en gallego!!! Que me hables en español, te lo estoy diciendo…

- Se quere, podo...

A ver si te enteras, el gallego es para casa y para la poesía, que no te dirijas a mi así…

- Podo acompañala e explicarlle as dúbidas que teña...

Mírala, sois una mierda, vais acabar como la puta mierda que sóis, mierda es lo que sois…

- Quere a pesares disto que lle...

Como los catalanes, sois una mierda, igual, y sigue, y sigue… Mierda de gente, en español, no te enteras?

"Non se lle pode pedir ao sol que non saia ao día seguinte rozando o ceo, para continuar creando vida e alimentando liques en vías de extinción, porque iso, é IMPOSIBLE".

Háblame en español !!!

- Boas tardes señora...

Mírala, y sigue, y sigue...

Non se lle pode pedir ao sol que non saia ao día seguinte rozando o ceo, para continuar creando vida e alimentando liques en vías de extinción, porque iso, é IMPOSIBLE.

É imposible non seguir por razóns cercanas, por meu pai, por miña nai, por unha infancia de escarnios, por unha adolescencia de ostracismo, por razóns sociais, históricas, globais, polo meu espírito, polo meu país, e en definitiva, polo que eu son.

Percibo nas miradas e no odio despectivo e ignorante das súas palabras, que lles corroe ter que espertar nun século XXI, onde pais e homes non poden vir buscarnos por unha denuncia falsa para non voltar máis. Son cobardes, ese é o termo que mellor as define. Aborrécense.

E nós...

Somos liques en vías de extinción?
Coellos ceibos no monte en tempada de caza?
Somos carne de fosa común?
Negras nunha vila de desteñidas pirómanas?

Non o sei, pero hoxe, como cada mañá sigo a pedir “café con leite”.

Comentarios