Teatro en Compostela: "As paisaxes de Camille" da Asociación Ámbar
28 xuño 2022
20:30 h
Salón Teatro / Rúa Nova, 34
A obra, englobada dentro do festival USCénica 2022 de Compostela, terá lugar no Salón Teatro da cidade
Baixo a dirección artística de Helena Salgueiro, o grupo de teatro da Asociación Ámbar, coas actrices Conchita Mouriño, Marina Mondelo, Montse Queiruga, Paula Ramallo, Ángeles Devesa, Mercedes Río, Noelia Argibay e Carmen Pérez, representará esta peza escénica contemporánea que explora a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel con poemas paisaxísticos, coreografías e humor onírico.
A Asociación Ámbar é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito local da comarca da Barbanza que traballa pola independencia, autonomía e igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional.