Homenaxe | 'Castelao, Sempre en Galiza'
Varias participantes
Acto de homenaxe no 75 aniversario da súa morte organizado por Vía Galega e Galiza Cultura que contará coa condución de Tereixa Navaza (na imaxe) e Carlos Callón. Darase lectura a textos da súa obra, a seguir a AC e Musical Solfa terá unha pequena intervención interpretando A Castelao, poema de Manuel María; Olla meu irmau honrado, poema de Celso Emilio Ferreiro; Lela, poema de Castelao; e Na morte de Castelao, poema de Ramón Cabanillas. E poñendo o ramo a actividade Pilar García Negro disertará sobre O valor de Castelao no século XXI e ao seu remate haberá unha ofrenda floral.