Encontro de Novas Voces en Lugo con Xesús Fraga e Yolanda Castaño

14 xuño 2022
12:00 h
Vello Cárcere de Lugo / Pza. da Constitución
Xesús Fraga e Yolanda Castaño protagonizan a xornada de hoxe do Encontro de Novas Voces de Lugo
Yolanda Castaño estará neste encontro en Lugo.
Yolanda Castaño estará neste encontro en Lugo.

O Premio Nacional de Literatura, Xesús Fraga, e unha das poetas de maior traxectoria internacional, Yolanda Castaño, compartirán a xornada de hoxe no Vello Cárcere de Lugo con algo máis de vinte rapazas e rapaces de Lugo, Vilalba e Mondoñedo.

O Encontro de Novas Voces, que decorre no marco do #EnredandoCoGalego, iniciativa desenvolta pola Concellaría de Turismo, Cultura e Promoción da Lingua do Concello de Lugo en colaboración coa AELG e na que participan catro institutos da cidade nesta segunda edición, pretende promover a normalización lingüística no ensino e a creación literaria en lingua galega coa interacción con Xesús Fraga e Yolanda Castaño.