Teatro | 'Hugo'
22 xan. 2026 a 22 xan. 2026
12:30 h a 13:52 h
Centro Social Polivalente (Casa Amarela), Trazo
Os Náufragos Teatro
Hugo é diferente, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visítao cada día. A Laia gústalle falar e coidar das súas plantas. Hugo ten TEA, trastorno do espectro do autismo. A obra plasma un encontro entre dúas persoas iguais con diferentes formas de comunicarse. Hugo é unha peza para tódolos públicos que aborda, coa máxima sensibilidade, as discriminacións (sexan do tamaño que sexan) diarias experimentadas polas persoas con TEA. Hugo fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza e da importancia da diferenza. Ser diferentes fainos grandes. A peza está dirixida por Gustavo del Río e protagonizada por Jimmy Nuñez e María Roja.