Teatro en Cee: "Conexión Pingüín" de Culturactiva Producións

23 ago. 2022
21:30 h
Casa da Cultura / Paseo Alcalde Pepe Sánchez, 9
A obra de Culturactiva Producións poderá verse a partir das 21.30 horas na Casa da Cultura de Cee
Luis Iglesia e Marcos Orsi son os protagonistas desta obra teatral.
Luis Iglesia e Marcos Orsi son os protagonistas desta obra teatral.

Unha reflexión cómica, en dous tempos, a dúas voces, sobre a incomunicación na era da comunicación, nunha posta en escena que mestura neve polar, móbiles de última xeración, pingüíns no horizonte, mamá non se enteira, cordas enredadas, un mapa, un compás, un GPS...

Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo...

Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais nunca estivemos tan lonxe entre as persoas.

Protagonizada e dirixida por Luis Iglesia e Marcos Orsi, coa dirección do propio Marcos Orsi.