Roteiro 'Cortexo cívico de Pontedeume'

17 maio 2025 a 17 maio 2025
12:00 h a 14:00 h
Varias participantes
2025_05_17_p30cuarta_crisiglesias_pontedeume
Cristina Iglesias forma parte do cortexo cívico.
Actividade aberta, no día de hoxe, para celebrar as letras galegas, neste caso con un roteiro de dúas horas polos lugares dos creadores e creadoras de Pontedeume nun cortexo cívico organizado polo Concello de Pontedeume, Ateneo Ferrán Martis e o Colectivo Terra. Con saída dos xardíns da Praza da Angustia, participarán o escritor Antonio Fraga, as Cantareiras de San Pantaleón, o guía e actor Suso Martínez, a artista plástica Mónica Alonso, a cantora lírica Ana Belén Manteiga, a escritora Oriana Méndez, a actriz Cristina Iglesias (imaxe), a historiadora Pilar Cagiao, o escritor Xesús Fraga e o escritor e editor Fran Alonso. Abre o cortexo a banda de música Charamela.