Narración | 'O monólogo de David Perdomo'

27 mar. 2026 a 27 mar. 2026
21:00 h a 22:00 h
Salón Teatro, Lalín
David Perdomo
2026_03_27_p30cuarta_perdomo_lalin
David Perdomo presenta o seu monólogo en Lalín.
Neste espectáculo, David Perdomo, fai sátira da sociedade apoiándose en personaxes arquetípicos cargados de franqueza e, sobre todo, espontaneidade. Pode que nalgún momento nos leve a perder o fío, pero sempre para chegar a unha conclusión diferente á que estamos afeitos, sacaranos da nosa zona de confort sen decatarnos. Perdomo é actor, cómico e guionista. Formouse na escola Casa Hamlet da Coruña e completou a súa formación con mestres da comedia internacional como Leo Bassi. O seu estilo directo, irreverente e imprevisible converteuno nun dos cómicos máis persoais do panorama galego, con moita popularidade por mor dos personaxes que interpreta nos seus monólogos, .