Narración | 'Carabranca'

18 set. 2025 a 18 set. 2025
18:00 h a 20:00 h
Biblioteca Pública Municipal Varela Jácome, Lalín
Iria Pinheiro 
2025_09_17_18_p31cuarta_iriapinheiro_lalin
Iria Pinheiro protagoniza espectáculo de narración oral.
Edelmiro é un humilde escritor que un día compra unha tinta moi especial que segundo o libreiro converte o escrito en realidade. Así inicia a historia de Carabranca, unha meniña abandonada pola familia nunha lata de bolachas.  Carabranca apareceu nunha illa onde aprendeu todo o que sabían os nativos, foi atrapada por un barco pirata onde se fixo amiga de todos os piratas menos do capitán. Tamén viviu na cerna dunha fraga onde cultivaba a súa propia horta…en fin mil aventuras ata atopar ao propio Edelmiro que escribía o seu destino. Iria Pinheiro vai debullando o conto con música, monicreques, sombras chinesas, maquetas e outros recursos.