Música en Lalín: "Somos a pedra" Os d´Abaixo

17 maio 2022
13:00 h
Carballeira do Rodo / Rúa García Sánchez, 5
Os d´Abaixo amenizarán a sesión vermú do Serán das Letras de Lalín
Os d´Abaixo.
Os d´Abaixo.

A liña tradicional que caracteriza a Os d´Abaixo fusiónase, máis ca nunca, con aires novos de composicións propias.

A mensaxe que pretenden transmitir con este traballo é a de permanencia.

Ante os ataques e aldraxes que sofren a nosa cultura, a nosa identidade e a nosa lingua, Os d'Abaixo pretenden permanecer firmes coma a pedra, configurada por un material tan duro que a fai quen de soportar o paso dos anos e das adversidades sen desaparecer, coidando así do que é noso.