Espectáculo | 'As mil e unha'

19 abr. 2026 a 19 abr. 2026
17:30 h a 18:30 h
Vero Rilo e Luis Iglesias
Espectáculo de Rilo e Iglesias a homenaxear Begoña Caamaño.
Espectáculo de Rilo e Iglesias a homenaxear Begoña Caamaño.
Actividade que propón unha peza infantil e familiar que permite achegarlle á xente miúda da casa a obra da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano: Begoña Caamaño. A narradora Vero Rilo volve xuntarse co músico Luís Iglesias nesta proposta para reparar na súa faceta de xornalista e máis na de narradora e revisora de mitos. Da man das historias que Rilo vai trazando, e das cancións que Iglesias acompaña, o espectáculo convida a descubrir o legado dunha autora fundamental da nosa literatura contemporánea, debullando Morgana en Esmelle, ao carón dunhas Circe e Penélope que nos falan do presente, revisando mitos empregando un falso programa radiofónico en directo.