Escena | 'Mala vida e pior morte de Ricardo III mais non a glosada polo aclamado poeta William Shakespeare'

20 mar. 2026 a 20 mar. 2026
21:00 h a 22:00 h
Centro Sociocultural de Caión, A Laracha
Producións Teatrais Excéntricas
excentricas_ricardoIII_a laracha
Evaristo Calvo protagoniza este soliloquio sobre a obra de Shakespeare.
Mala vida e peor morte do rei Ricardo III, mais non a glosada polo aclamado poeta William Shakespeare é o título magnífico é tronitronante, da creación de Evaristo calvo, que non oculta a sua belixerancia contra a difamación redactada por Shakespeare. Trátase dun espectáculo unipersoal no que a través dun monólogo dirixido á audiencia, a personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”. Non se trata pois da personaxe deste coñecido drama, senón dun outro recreado polo seu intérprete que parece querer facer xustiza á súa memoria, descubrindo a manipulación do público a través dun discurso que, rañando un pouco nel, toma maneiras de propaganda. A maldade psicopática do retrato que o dramaturgo pinta sobre a persoa do derradeiro rei da dinastía Plantagenet, parécelle ao protagonista un compendio de inxurias. Vemos a un Ricardo doído pola manipulación da súa historia por parte de tan senlleiro dramaturgo.