Escena | 'Fala, fala, falangueira'
21 xuño 2025 a 21 xuño 2025
18:00 h a 20:00 h
Teatro da Beneficencia, Ortigueira
Matrioshka Teatro
Proposta escénica que xira arredor da transmisión da lingua propia. Inspirada en poemas, cantares tradicionais, cartas, contos… a peza desenvólvese como unha sucesión de xogos. Cunha narrativa aventureira, divertida e máxica, combinada con elementos de teatro físico, cancións, narracións e factores sorpresa, así como co simbolismo da iluminación, transmitirase a mensaxe de que cómpre usar con orgullo a lingua galega.