Dramaturxia | 'Bio construcion'

20 mar. 2026 a 20 mar. 2026
20:30 h a 21:30 h
Multiúsos de Arcade, Soutomaior
Ibuprofeno Teatro
2026_03_20_p30inferior_bioconstrucion_soutomaior
Santiago Cortegoso e Marián Bañobre (imaxe de Diego Seixo).

Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable.

Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea. 

A obra conta coa intervención de Marián Bañobre, Santiago Cortegoso e Macarena Montesinos.