Contos | 'Aventuras do bosque'

26 mar. 2026 a 26 mar. 2026
17:30 h a 19:00 h
Biblioteca Pública Municipal de Vigo Juan Compañel, Vigo
Raquel Galavis
2026_03_26_p30centralinferior_raquelgalavis_vigo
Raquel Galavis contaranos a súa aventura no bosque.
Dúas sesións abertas para que a xente poida escoitar a historia que nos trae Raquel Galavis. A través de historias sinxelas, belamente narradas, os nenos explorarán emocións, sons, texturas e elementos do entorno natural que os rodea. Unha proposta conectada coa realidade próxima dos pequenos, que fomenta a imaxinación e promove un desenvolvemento natural e unha maior comprensión do mundo que nos rodea.