Concerto | 'Directos da chocolate'

26 feb. 2026 a 26 feb. 2026
21:30 h a 23:30 h
A Fábrica de Chocolate, Vigo
Oceáno Eskizo
oceanoeskizo_vigo
Océano Eskizo dan concerto na Fábrica de Chocolate en Vigo.

Jonhny Rotring, a voz de Radio Océano; Pedro Granell, líder de Los Eskizos e de Kozmic Muffin; Ricardo Saavedra, fundador no seu día de Deluxe; Beni Glez-Dans, ex integrante de Viuda Gómez e Luis Jarri, batería de Eskizos (en resumo, “o mellor de cada casa”) forman Océano Eskizo. Unha mestura fluída de potencia, ironía e épica oceánica coa forza guitarreira eskizoide e power-pop-punk. Unha mestura tan natural e potente que, en pouco tempo, produciu catro temas, gravados en directo no propio local de ensaio (un soto), co título apropiado de Demos no soto.