
Estrella López-Pardo Pardo e Manuel López-Pardo Pardo non só son irmáns. Unha é xerente do Servizo Galego de Saúde (Sergas) da Xunta da Galiza. O outro é xerente da Asociación de Hospitais da Galiza (Ahosgal), a patronal da sanidade privada galega. Desde a Consellaría de Sanidade evitan pronunciarse ao respecto, mentres a patronal defende que Manuel López-Pardo accedeu ao cargo con anterioridade ao nomeamento da súa irmá como xestora da sanidade pública.
E ti, que opinas ao respecto?