Cumpríronse os prognósticos e o Congreso rexeitou a moción de censura impulsada por Vox contra o Goberno de Pedro Sánchez, a segunda dentro desta lexislatura. Só votaron a favor os 52 deputados da formación de extrema dereita e mais Pablo Cambronero, ex de Ciudadanos integrado agora no grupo mixto. O resto da Cámara opúxose coa excepción do PP, Foro e os parlamentarios independentes expulsados de UPN, Sergio Sayas e Carlos García Adanero, que avogaron pola abstención.
Após o fracaso desta moción e á vista do debate das dúas últimas xornadas, quen cre vostede que sae mellor parado?