Otegi: "Urkullu fala máis das eleccións con Feixoo que cos partidos vascos"

A segunda xuntanza dos partidos polas eleccións vascas finaliza sen acordo. O representante do Goberno vasco continúa apuntando a xullo e insiste en que os informes avalan esa escolla. 

xuntanza eleccións vascas euskadi (Goberno Vasco)
photo_camera Imaxe da xuntanza (Goberno Vasco)

Segunda xuntanza entre os partidos vascos polas eleccións en Euskadi e segunda reunión que finaliza sen acordo. Non hai consenso. O PNV aposta porque os comicios sexan en xullo ais a principal forza da oposición (EH Bildu), e non só ela, consideran que o lehendakari Iñigo Urkullu está a xogar ao electoralismo.

Arnaldo Otegi considera que a xuntanza “é un teatro” pois a decisión de convocar as eleccións “está tomada” por Urkullu dentro das súas competencias como presidente vasco e que apostará por facelas en xullo.

O portavoz do Goberno vasco, Josu Erkoreka, compareceu para reiterar que a situación sanitaria avala que os comicios sexan en xullo. “A interinidade non pode prolongarse máis”, afirmou.

Erkoreka dixo que se está a superar a crise sanitaria e que cómpre recuperar a situación socioeconómica, indicando que ir coas eleccións a outono supón un escenario de “incertezas”

Feixoo

Arnaldo Otegi chamou a atención sobe o feito de que Urkullu, dixo, teña falado máis das eleccións con Núñez Feixoo que cos partidos políticos vascos. “Todo isto parécenos unha irresponsabilidade”, concluíu, após lembrar que convocar eleccións require desmontar a declaración de emerxencia.

Comentarios