Triunfo sindical na folga de Denso

A greve foi desconvocada polo cadro de persoal após asinar un novo convenio colectivo que introduce importantes melloras laborais e salariais. 

Desde o comité de folga da empresa auxiliar de automoción, Denso, afirman que o acordo asinado este sábado após cinco xornadas de folga é unha "vitoria sen paleativos". 

Así se manifestaron desde a Confederación Intersindical Galega (CIG) que tildou as novas condicións de traballo en Denso como unha "importante vitoria obreira" que "tomba", din, "a crecente precariedade" que atinxe @s operari@s do sector da automoción. 

Neste senso, o novo convenio colectivo recolle melloras salariais e na contratación froito dunha negociacións que se prolongaron ao longo de toda a xornada de onte e que se desenvolveron en condicións "tensas" apuntan, perante o rexeitamento da empresa a ceder fronte as demandas d@s traballadores e traballadoras. 

O acordo asinado entre o cadro de persoal e Denso frea a crecente precariedade laboral que atinxe o sector da automoción e as súas empresas auxiliares 

O documento asinado polo comité de empresa e ratificado pola asemblea de persoal abrangue unha redución na taxa de contratación através de Empresas de Traballo Temporal, pasando dun 42% ao 15% d@s operari@s. Aliás, do 85% das contratacións directas serán ocupadas nun 90% por empregad@s indefinid@s. O acordo contempla tamén un incremento salarial do 12,50% en tres anos, o que supón 77 euros de suba mensal o primeiro ano (57 sobre o salario base e 20 en plus de asistencia), 52 o segundo ano e 40 o terceiro. 

Así mesmo, tamén se reduce a xornada laboral en 2 días ao ano aumentándose o descanso diario --unha das principais demandas do persoal-- en 40 minutos efectivos fronte aos anteriores 15'. 

O paro indefinido, que foi secundado durante as cinco xornadas polo 100% do cadro de persoal, será compensado @s traballador@s cunha prima de 400 euros no mes de setembro en compensación, explican, polas "perdas ocasionadas" pola folga. 

Comentarios