Os traballadores de Alcoa suspenden unha protesta ante a situación na Mariña

Ademais, a vindeira terza os traballadores tiñan previsto manter unha reunión en Madrid co Goberno central, á que tampouco poderán desprazarse coas restricións á mobilidade impostas ao distrito sanitario da Mariña.
Concentración de persoal de Alcoa en Compostela (Arxina)
Concentración de persoal de Alcoa en Compostela (Arxina)

Os traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao suspenderon a protesta que tiñan prevista para o vindeiro venres na Coruña tras coñecerse a decisión da Xunta de fechar a comarca da Mariña, onde se atopa a empresa, durante o próximos cinco días debido ao brote de  COVID-19 rexistrado.

Ademais, a vindeira terza os traballadores tiñan previsto manter unha reunión en Madrid co Goberno central, á que tampouco poderán desprazarse coas restricións á mobilidade impostas ao distrito sanitario da Mariña. Para este encontro están "buscando solucións", indicou o presidente do comité de empresa, José Antonio  Zan.

Comentarios