Radiografía dos soldos galegos: a fenda salarial entre Galiza e o Estado aumentou en 94 euros nos últimos cinco anos

O salario medio galego subiu no primeiro trimestre do ano até os 1.999,59 euros, o que supón 1,7% máis que no mesmo período de 2024. Un incremento, porén, inferior ao que se rexistrou, segundo os datos publicados esta terza feira polo INE, a nivel estatal. A fenda salarial entre Galiza e o conxunto do Estado español non fixo máis que incrementarse no último lustro. Cada hora traballada págase de media na Galiza, segundo os últimos datos de estatística, a 15,29 euros, o que supón unha suba de 1,2%.
Traballadores de Correos
en Compostela. (Foto: Clara Xanthina)
Traballadores de Correos en Compostela. (Foto: Clara Xanthina)
Os custos salariais medios  –que inclúen o salario base, os complementos e as horas extraordinarias en termos brutos– aumentaron 1,7% na Galiza no primeiro trimestre de 2025 a respecto do…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.
Comentarios