Persoal de Einsa Print féchase no Concello das Pontes

O comité de empresa oponse a este novo despedimento colectivo por considerar que é "o mesmo, sen causas sobrevidas" que o que se executou hai 15 meses.
Protesta do persoal de Einsa Print durante o encerro no Concello das Pontes, esta cuarta feira 16 de xullo. (Foto: Nós Diario)
Protesta do persoal de Einsa Print durante o encerro no Concello das Pontes, esta cuarta feira 16 de xullo. (Foto: Nós Diario)

Ao redor de 70 empregados e empregadas da planta de Einsa Print permanecen encerradas no Concello das Pontes (Eume), horas antes de que decorra a última reunión do período de consultas dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) para 102 persoas en todo o grupo de artes gráficas, case todas (95) das instalacións do polígono de Penapurreira.

O comité de empresa oponse a este novo despedimento colectivo por considerar que é "o mesmo, sen causas sobrevidas" que o que se executou hai 15 meses para 120 persoas co compromiso de manter o emprego até o 31 de decembro de 2026 e a presentación dun plan de viabilidade que, denuncia o presidente do comité, Antonio García, nunca chegou. A última reunión entre as partes terá lugar esta quinta feira e a parte social non está disposta a fraccionar as indemnizacións en dous pagamentos.

Comentarios