Persoal de CCOO en folga manifestarase esta quinta feira na Coruña contra o propio sindicato

Segundo informa o comité de folga nun comunicado, levará a cabo esta mobilización despois de que o pasado 17 de febreiro decorrese unha reunión entre a dirección do sindicato e representantes dos traballadores "sen avance algún".
Pancarte en apoio á folga na sede de CCOO na Coruña (Foto: Europa Press).
photo_camera Pancarte en apoio á folga na sede de CCOO na Coruña (Foto: Europa Press).

O persoal laboral de Comisións Obreiras (CCOO), que se encontra en folga indefinida para solicitar un novo convenio colectivo e melloras salariais, manifestaranse esta quinta feira, 23 de febreiro, polas rúas da Coruña.

Segundo informa o comité de folga nun comunicado, levará a cabo esta mobilización despois de que o pasado 17 de febreiro decorrese unha reunión entre a dirección do sindicato e representantes dos traballadores "sen avance algún".

"Decepcionante"

Os traballadores cualifican de "decepcionante" ese encontro, "demorando a patronal a resposta" á súa proposta, un "atraso que pode chegar até o día 23 de marzo, data do Consello Nacional" do sindicato.

Con motivo do primeiro mes desde a convocatoria de folga, o persoal do sindicato avanza que vai seguir "mobilizándose e vai endurecer" as súas protestas.

Percorrido da manifestación

De tal forma, a mobilización desta quinta feira partirá ás 11.30 horas do Cantón Grande (Obelisco), continuará pola rúa Real e terminará na Praza de María Pita.

Comentarios