martes 14.07.2020

Nova xornada de mobilizacións, e van catro, do persoal dos centros de Política Social

Os sindicatos critican os “oídos xordos” da Consellaría ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras de residencias, centros de menores e de centros de atención a persoas con discapacidade.

Protesta diante da residencia de Burela.
Protesta diante da residencia de Burela.

Unha quinta feira máis, e van tres, o persoal dos centros de Política Social  (residencias de maiores, centros de menores, centros de atención a discapacitados, centros residenciais, etc....), volveron mobilizarse para reivindicar a recuperación dos seus dereitos laborais, “recortados desde 2012”.

CIG, CCOO, CSIF e UGT lembran que o persoal dos centros dependentes da Consellería de Política Social actuaron "desde o primeiro momento coa máxima dedicación, compromiso e profesionalidade para intentar frear a afección da pandemia; pero despois de catro xoves de concentración continuados, a Fabiola García, aínda non se dignou a chamar as organizacións sindicais convocantes para preguntarlles que están a demandar".

O persoal reivindica unha aposta decidida por uns servizos sociais públicos, dignos e de calidade; o incremento de prazas públicas e de xestión directa; a recuperación das compensacións por festivos e domingos traballados; a transformación de todos os contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa; así como a posta en valor do traballo e o esforzo realizado durante a situación de emerxencia sanitaria.
 

comentarios