Nova xornada de mobilizacións do persoal dos centros de Política Social

Os sindicatos critican os “oídos xordos” da Consellaría ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras de residencias, centros de menores e de centros de atención a persoas con discapacidade.

Residencias cabeza de vaca (CCOO)
photo_camera Unha das concentracións desta quinta feira (CCOO)

Unha quinta feira máis, e van tres, o persoal dos centros de Política Social  (residencias de maiores, centros de menores, centros de atención a discapacitados, centros residenciais, etc....), volveron mobilizarse para reivindicar a recuperación dos seus dereitos laborais, “recortados desde 2012”.

Convocados por CIG, CCOO, UXT e CSIF, e nunhas concentracións que cada quinta feira contan con máis presenza, as e os traballadores reclaman un maior compromiso cos servuizos sociais públicos “dignos e de calidade”, a aumento de prazas públicas e de xestión directa, a recuperación das compensacións por festivos e domingos traballados e a transformación de tódolos contratos de fin de semana ou inferiores, a xornada completa.

As centrais convocantes lamentan que a Consellería de Política Social “sigue facendo oídos xordos as xustas reivindicacións do persoal” e lembran que estas traballadoras estiveron en primeira liña de loita contra a CIVID-19.

“A señora Fabiola García [conselleira de Política Social], aínda non tivo sequera cinco minutos, para recibir os representantes destes traballadores e traballadoras”, critican nun comunicado.

Advirten os sindicatos que de non se activar pola Administración a vía do “diálogo”, manterase o calendario de mobilizacións e protestas, “para defender as xustas reivindicacións laborais do persoal que traballa nos centros de atención directa a usuarios, dependentes desta consellería, pois esta sendo discriminado fronte a outros colectivos que si se lles compensan os domingos e festivos traballados, que si  teñen redución da xornada máxima anual por traballar de noite ou mesmo se lles recoñecen dias adicionais de descanso por traballar en dias especialmente significativos.”

Comentarios