mércores 20/01/21

Inditex desbota finalmente presentar ERTE en abril

Inditex non presentará finalmente un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) neste mes de abril e seguirá sufragando con recursos propios a retribución de todo o seu cadro no Estado español, segundo informou esta segunda feira, a 48 horas de rematar o prazo para activar esta ferramenta, que tiña prevista para o 15 deste mes.

Así, o presidente de Inditex, Pablo Isla, anunciou que a empresa vai seguir sostendo con recursos propios o pago da retribución a todo o seu cadro no Estado español.

En consecuencia, decidiu non presentar ningún Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) en abril para o persoal de tendas, polo que o cadro ao completo recibirá a súa nómina íntegra sufragada pola empresa, afirman.

No entanto, en función do desenvolvemento da emerxencia sanitaria e do estado de actividade das tendas, a empresa afirmou que poderá estudar máis adiante a posibilidade de aplicar, para o persoal de tenda, algunha das ferramentas propostas polo Goberno español para preservar emprego.

comentarios